Salud Laboral

Adiccións e traballo

Me ha encantado ver uno de mis artículos traducido al gallego por la Oficina Técnica de Prevención de Riscos Laborais de UGT Galicia:  http://www.ugtgalicia.org/

Aquí dejo dicha traducción. En el post del 21 de Marzo está en castellano.

Adiccións e traballo

O consumo ocasional ou repetido de alcol, cannabis ou medicamentos pode pór en perigo a saúde e a seguridade dos traballadores e ser a orixe de accidentes laborais e de tráfico debido a unha modificación da percepción dos riscos e a unha diminución da atención e da capacidade de concentración. Por todo isto a prevención destas adiccións é necesaria nas empresas Nalgunhas Comunidades Autónomas están a porse en marcha os Plans Municipais de Drogas para ofrecer información e sensibilización aos traballadores afectados e aos empresarios. Con este plan preténdese detectar traballadores con problemas de consumo, para ofrecerlle información sobre os riscos e facilitarlle tratamento.

Unha das características das adiccións é a dependencia, que consiste na imposibilidade de controlar un determinado comportamento aínda coñecendo as súas consecuencias negativas. As condutas adictivas poden estar asociadas ao consumo dalgún produto como son o alcol, o tabaco ou as sustancias psicoactivas ou sen consumo de sustancias como sería o caso das adiccións ao traballo, ao xogo, a internet, ao teléfono móbil, etc.

E, cales son os problemas que o consumo destas sustancias pode causar no traballo? Algúns deles son a embriaguez e os efectos retardados que provoca a sustancia inxerida (resaca, abstinencia, etc.) que afectan á produtividade e causan accidentes. Morbilidad médica e psicolóxica que provoca absentismo, enfermidades e diminución da produtividade. Preocupación por obter e consumir drogas na empresa, o que afecta á atención e á concentración. Actividades ilegais no lugar de traballo, incluída a venda de drogas a outros traballadores.

A continuación imos ver as alteracións que pode producir o consumo das sustancias máis comúns. O tabaco produce bronquite, asma, patoloxías cardiovasculares e cancro de pulmón, de vejiga e de vías respiratorias altas. O alcol (etanol) diminúe o estado de alerta e os reflexos, produce embriaguez que pode chegar ao coma etílico e a actos violentos e accidentes laborais e/ou de tráfico, a longo prazo pode desencadear unha cirrosis no fígado, un cancro de esófago e alteracións do sistema nervioso central e periférico. A adicción a algúns medicamentos como ansiolíticos, somníferos, antidepresivos e antihistamínicos pode chegar a producir somnolencia, alteracións do comportamento, da memoria, dos reflexos e da motilidad. O cannabis produce excitación, alteración do estado de alerta e dos sentidos (vista, oído, etc.), cambios de humor, alucinacións visuais, auditivas e corporais, trastornos psiquiátricos, e efectos cancerígenos. Outras drogas como as sustancias opiáceas, a cocaína ou a éxtase teñen efectos variables como son alucinacións, alteracións psiquiátricas, accidentes cardiovasculares, diminución do estado de alerta, alteracións respiratorias, aumento de infeccións, etc. A duración e a intensidade destes efectos dependerán da cantidade e da frecuencia de consumo.

Por outra banda, todos os sectores de actividade poden verse afectados por este problema pero onde as consecuencias poden ser máis importantes é nos postos de traballo que levan unha alta responsabilidade, nos que están sometido a riscos elevados, nos traballos a quendas, nocturnos ou illados e, sobre todo, nos relacionados co transporte (condutores, pilotos de avión, carretilleros, etc.).

En canto á prevención do consumo destas sustancias no ámbito laboral é importante implicar tanto a traballadores e empresarios como aos responsables da seguridade no traballo recordando que este é un problema de saúde individual pero tamén de seguridade e saúde laboral a nivel colectivo. Igualmente é importante a información sobre a adicción e o tratamento.

En xeral, o tratamento comprende catro fases que poden superponerse, a primeira consiste en confirmar a presenza dun problema causado polo uso de drogas ou de alcol (ou ambos) que leva ao individuo afectado a solicitar tratamento. Na segunda fase faise unha avaliación do estado xeral de saúde e leva a cabo a desintoxicación de forma ambulatoria ou hospitalaria con apoio psicolóxico e/ou farmacolóxico e, mesmo, con acupuntura. A terceira fase é a de rehabilitación para chegar á abstinencia de todas as sustancias adictivas consumidas e para tratar calquera problema físico ou psicolóxico asociado ao consumo. Por último, na cuarta fase realízase un seguimento a longo prazo para previr a recaída e axudar ao individuo a readaptarse ao seu posto de traballo

Para terminar recomendar ás persoas que crean que están a sufrir este problema que non se illen e que pidan axuda ao médico de traballo da súa empresa ou ao seu médico de cabeceira xa que estes poderán determinar se existe ou non adicción.

Dra. Amelia Calot Escobar